Esta receta é para seis persoas. Aquí aprenderedes a facer unha paella.
Ingredientes:
600 gramos de arroz 800 gramos de polo
500 gramos de ameixa 200 gramos de calamares
300 gramos de gambas 1 cebola pequena
2 tomates maduros 150 gramos de guisantes
1 pemento verde 2 pementos morróns
2 dentes de allo 10 herbas de azafrán
Colorante amarelo alimenticio Sal
Perexil 1/2 taza de oliva
Elaboración:
Lavar as ameixas en auga fría con sal, abrilas nun cazo con 1/2 taza de auga, colar e reservar as ameixas e o caldo por separado. Lavar os pementos quitarlles a semente e trocealos. Lavar o polo e trocéalo. Lavar os calamares e cortalos en tiras. Pelar as gambas e cocer as cáscaras e as cabezas durante 10 minutos; colar e reservar o caldo.
Quentar o aceite nunha paella e freír o polo hasta que se dore; agregar os calamares, saltear un par de minutos e añadir a cebola moi picada, os pementos, os guisantes e os tomates pelados. Refogar todo durante 15 minutos. Incorporar o arroz, revolver e regar o co caldo quente das gambas as ameixas (máis auga), calculando o doble de volumen co arroz.
Facer un mallado cos allos pelados, perexil e azafrán e añadilo á paella, sazonar e agregar colorante ao gusto e cocer 10 minutos a lume vivo. Baixar o lume e cocer uns 6 ou 7 minutos a lume suave.Ao final da cocción, agregar as gambas e as ameixas. Deixar reposar unhos 3 ou 4 minutos e servir enseguida.
Cristina
Moi rico, rico. O arroz é a miña comida favorita. Ánimo co blog!!!
ResponderEliminar