Ingredentes :
1 barra de pan de 2 ou 3 días antes.
400 ml de leite.
25 g de cacao puro en pó.
25g de azucre.
2 ou 3 ovos.
Aceite para freir.
Coco relado para espolvorear.
Elaboración :
Corta o pan en rebanadas e resérvao. Mezcla nun recipiente que te resulte cómodo para bañar o pan, o leite tíbio, o cacao, o azucre e os ovos. Prepara nun prato, para o rabozado final das torradas, mezclando a partes iguais o coco relado e o azucre.
Baña as rebanadas de pan na leite chocolateada permitindo que se empapen ben, hasta o punto de poder manipularlas sen que se rompan, despois pásaas a un prato para que solten o exceso líquido.
Pon abundante aceite a quentar ó lume medio, nunha sarten amplia, vai fritindo as torradas de chocolate e a media que estén feitas, pousalas sobre o papel de cociña absorbente. Antes de que se arrefríen de todo pásaas pola mezcla de coco e azucre. Serve as torradas de chocolate nunha bandexa e ponas ao alcance dos teus comensais, como postre ou como merenda, voarán antes de que te des conta.
Cristina Porta Ovejero
