jueves, 14 de junio de 2012

Lacón con grelos.

Ingredentes para 8 persoas:
1 lacón pequeno.
8-12 patacas medianas.
4 mangos de grelos.
4 chourizos.
Unto salgado.

Elaboración:
1º paso: Ponse a cocer en sal nunha ola exxpress o lacón previamente desalgado, cortado en talladas duns 4 cm de grosor xunto cos chourizos por espacio de aproximadamente 2o minutos.
2º  paso: Pasado este tempo, abrimos a ola, sacamos o lacón e os chourizos xa cocidos e os reservamos nunha cazola aparte cubertos con parte do seu caldo.
3º paso: No resto do caldo de cocer o lacón e os chourizos poñeremos a cocer ( novamente na ola a presión e durante 10 minutos ) os grelos, previamente lavados e cortados en anacos grandes, xunto coas patacas mondadas e enteiras e un trozo xeneroso de unto salgado.
4º paso: Unha vez cocidos os grelos e as patacas, servimos nunha fuente acompañados de lacón e os chourizos.. Bo proveito!
Cristina Porta Ovejero

No hay comentarios:

Publicar un comentario