viernes, 8 de junio de 2012

Filloas de leite

Ingredentes:

1/2 l. de leite.
200 g. de fariña.
4 ovos.
50 g de manteiga fundida.
Unha pizquiña de sal.
Aroma ó gusto (limón relado, canela, vainilla,...)
Azucre e canela moida para espolvorear.

Paso a paso:

1º paso: Mesturamos nun cacharriño axeitado todos os ingredentes menos a fariña, que se porá ó final, pouco a pouco. Se queda algún bolo, colocaremos a masa.
2º paso: Poñemos unha tixola no lume, untada con manteiga (ou touciño, si se quere ser mais fiel á tradición...)
Quentamos ben:
3º paso: Collemos como 1/2 cucharón de masa que extenderemos na tixola, movéndoa suaviño. Cando esté callada, levanteremos un borde axudados con unha culler, e collido cos dedos, daremoslle volta sin medo.Un pouco mais no lume... e fóra a un plato. Botamolle azucre e canela ó gusto.... E bó proveito.

Cristina Porta Ovejero

No hay comentarios:

Publicar un comentario